Friday 10 de May de 2024

Curruncho Pop


O libro MÚSICA Y CERVEZA, escrito por Javier Abad xa hai mais de vinte anos, é unha fantástica guía sobre a escena musical que entre mediados e finais dos setenta se desenvolveu en pequenos locais londinenses, o que non tardaría en coñecersew co PUB ROCK.

O nome deste estilo de música non é casualidade, ven dado polos escenarios onde podían tocar estes grupos, os pubs, un mundo contraposto ao do rock de masas e estadios que daquela tiña copado o mercado e as listas de ventas.

O PUB ROCK representaba todo o contrario a esa megalomanía, significaba unha volta aos orixes do R’n’r, o rescate do Rhythm & Blues e a música negra, e do pracer de tocar por diversión e unhas cervexas. Quizais o grupo mais representativo desta escena sexan os DR. FEELGOOD, aínda que xurdiron decenas de grupos dos que non tardaría en saír un bo feixe de músicos que anos máis tarde se consagrarían, xente coma Nick Love, Elvis Costello, Graham Parker, Ian Dury, Joe Jackson e ate os mesmos Mark Knopfler e Joe Strummer, con carreiras posteriores tan diverxentes.

Para ilustrarnos musicalmente, THE BO DEREK´S, ningún grupo mellor en Galiza, nin en todo o estado, que estes, liderados por Oscar Avendaño, baixista durante 25 de Siniestro Total, e cunha carreira propia ben reseñable, o repertorio de THE BO DEREK´S non pode negar a influencia dos desa época, e no Curruncho interpretarán bastantes versións dos grupos ingleses que protagonizan o libro, e algunhas propias que darán fe das súas raíces musicais. Presentará o libro o propio autor, Javier Abad.

Deja un comentario